I Andaina Micolóxica na Ruta da Pedra e da Auga
Dende Piragüilla Ocio e Aventura queremos continuar co noso compromiso de ofertar actividades divulgativas para todos os públicos. E para elo, levaremos a cabo a I Andaina Micolóxica na Ruta da Pedra e da Auga o vindeiro domingo 11 de decembro.
MICOLOXÍA EN PONTEVEDRA
Tras o éxito que obtivo a realización da visita micolóxica a illa de Cortegada que levamos a cabo o pasado mes de novembro, para este mes de decembro queremos voltar a disfrutar da experiencia. Así, entraremos en contacto co entorno micolóxico da nosa comarca. E que mellor entorno para disfrutar dos cogomelos e demais fungos que a ruta da pedra e da auga.
Porque nestes intres a paraxe micolóxica atópase no seu mellor momento. Ademais, as condicións climatolóxicas que nos están acompañando propician a aparición destas especies nos nosos montes. E como a paraxe natural que alberga a ruta de senderismo mantense conservada e respectada, permítenos disfrutar dun entorno excepcional para descubrir a micoloxía en Pontevedra.