O Camiño
que flúe
Do mar a Compostela, seguindo un Camiño que tamén flúe. Unha experiencia en tres etapas para vivir o territorio desde a auga, o patrimonio mariñeiro, a fotografía, a sostibilidade e a chegada a Santiago.
Actividade gratuíta financiada pola Xunta de Galicia no marco do programa O teu Xacobeo 2027.
Un Camiño diferente
Tres etapas para descubrir o feito xacobeo desde unha perspectiva activa e ligada ao territorio. Percorreremos a ría de Arousa e o río Ulla en kayak, coñeceremos o patrimonio mariñeiro, participaremos nunha acción ambiental e remataremos a pé cara a Santiago de Compostela.
Auga que conecta
Ría, río e Camiño unidos nunha mesma experiencia.
Patrimonio vivo
Marisqueo, bateas, territorio e saberes locais.
Experiencia compartida
Participación, fotografía, deporte e encontro.
As tres etapas
Microobradoiro de fotografía móbil con Laura Paz, recollida de plásticos e participación de Arturo Paz Dios e Yeray García Vidal.
10:00 h
Paisaxe, bateas e patrimonio mariñeiro coa participación dunha mariscadora, unha guía, Arturo Paz Dios e Yeray García Vidal.
10:00 h
Peche simbólico do proxecto cunha etapa a pé cara a Compostela, unindo a experiencia da auga coa chegada ao Camiño.
10:00 h
Cinco territorios unidos polo Camiño
Unha pegada positiva
En cada xornada realizarase unha recollida de plásticos durante o percorrido. O material recuperado transformarase nunha escultura final coordinada por Laura Paz. O proxecto aposta polo kayak como medio non contaminante, pola redución de residuos e pola sensibilización ambiental.
Información práctica
Reserva e aforo
- Actividade gratuíta.
- Máximo de 35 persoas.
- Prazas por orde de reserva ata esgotar aforo.
- Inscrición: 625 336 323.
Requisitos para kayak
- Saber nadar.
- Ter unha condición física aceptable.
- Non é necesaria unha gran preparación deportiva.
Material recomendado
- Roupa cómoda que se poida mollar.
- Camiseta técnica e chuvasqueiro.
- Chanclas ou escarpíns.
- Roupa de recambio.
- Crema solar e auga.
Meteoroloxía
- Se as condicións son adversas, a organización avisará con 48 horas de antelación e comunicará a nova data.
Hai Camiños que se percorren a pé. Outros comezan na auga.
35 prazas por orde de reserva. Comezamos ás 10:00 h.
Chama ao 625 336 323