descenso río Umia

Descenso en kayak por o río Umia

21 abril, 2016
Blog

Coa chegada da primaveira, o río Umia toma protagonismo nas actividades na natureza. E por sexta convocatoria consecutiva, dende Piragüilla Ocio e Aventura vamos organizar o vindeiro sábado día 30 de abril o descenso en kayak por o río Umia.

O DESCENSO

descenso en kayak pontevedra

O entorno do río Umia é idóneo para a práctica de actividades, seguro e de fácil acceso. Rodeado de unha frondosa vexetación, que axuda a illarse do bulicio e do estres diario que soportamos. O seu caudal forma rápidos naturais de auga. Esto é ideal para deslizarse por eles en kayak como si de un tobogán se tratase.

Gracias as choivas do inverno, as condicións do río son favorables para a realización do descenso en kayak. A isto tamén hai que sumarlle que coa entrada do mes de maio, o período de coto de pesca entra en vigor. E durante esta época, se permite única e exclusivamente a práctica de deporte nas zonas máis atractivas e divertiras do río Umia os luns e xoves de cada semana. Por este motivo, queremos aproveitar o último fin de semana dispoñible ata outubro para a realización do descenso en kayak.

O río Umia

Dende o seu nacemento en A Reigosa, na serra do Cadán, a unha altitude de 640 metros, o río Umia posúe unha gran diversidade de flora e fauna. A flora que máis destaca durante todo o curso do río é a seguinte:

  • As beiras do río predomina o denominado bosque de ribeira, onde atopamos: amieiros, salgueiros, freixos, sabugueiros, carballos, hedras e silveiras. Destacar que en algunhas zonas do sendeiro do río Umia están sendo repoboadas con eucaliptos e piñeiros.
  • Xa no cauce do río destacan: pé de boi, oucas, fentos, brións, xuncos e molinias.
O descenso en kayak é unha das actividades a realizar en Pontevedra.
O descenso en kayak é unha das actividades a realizar en Pontevedra.

A fauna do río Umia toma especial protagonismo, incluíndo o esteiro do Umia dentro do complexo “Umia-O Grove” (no cal se atopa tamén o Parque de Carreirón), considerada zona ZEPA (Zona de Epecial Protección para as Aves). Entre esa gran diversidade de aves acuáticas do esteiro, tanto sedentarias coma de paso, atopamos: a garza, o lavanco real, biluricos, garzota e gabitas.

  • Habitando no caudal do río, pódense atopar: lontras, troitas, espiñentos, lavancos, merlos rieiros, galiñolas, ras, saramagantas, pintafontes, mexillón de río e unha gran variedade de insectos e as súas larvas.

Isto fai do río Umia un entorno único para disfrutar da natureza en estado puro en Pontevedra, sendo un dos ríos de Galicia propicios para disfrutalo e coñecelo realizando o descenso en kayak.

PROGRAMA DO DESCENSO EN KAYAK

Queremos aproveitar este último fin de semana dispoñible ata outubro para disfrutar ó máximo dunha das nosas actividades máis divertidas, o descenso en kayak.

Este celebrarase o vindeiro sábado día 30 de abril. A xuntanza será as 16:30 da tarde no lugar de As Aceñas de Baión (Vilanova de Arousa).

A duración estimada da actividade é de 2 horas e media – 3 horas, cun percorrido de 6´5 km ata chegar a Ponte de San Marta, en Ponte Arnelas (Ribadumia). Dende este punto trasladarase os condutores ó lugar de inicio para a recollida dos seus vehículos.

Divertido tobogan natural de auga durante o traxecto do descenso en kayak.
Divertido tobogan natural de auga durante o traxecto do descenso en kayak.

O prezo por participar no descenso en kayak do río Umia e de 20€/persoa.

A tarifa inclúe:
  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade: kayak, pala, chaleco, traxes de neopreno (en caso de que as circunstancias metereolóxicas o requiran),
  • Traslados para a recollida de vehículos.
  • Seguro de R.C. e Accidentes.
  • Monitores acompañando o grupo durante o descenso en kayak.
  • Material fotográfico compartido nas redes sociais de Piragüilla Ocio e Aventura sobre a xornada.

Poderase realizar o pago mediante transferencia bancaria (datos facilitados previa inscrición).

Para asistir ó descenso en kayak polo río Umia poderás inscribirte antes do venres 29 chamando ó 625336323/4 ou enviando un correo a oficina@piraguilla.com. Recorda, as prazas para participar nel son limitadas.

Non deixes escapar a oportunidade e ven disfrutar dun acontecemento único.