Andainas en Galicia

Senderismo en A Illa de Arousa: andaina solidaria

7 marzo, 2018
Blog

Presentase un 2018 cheo de momentos para compartir. Nel, introducimos novas actividades para o desfrute dos veciños da comarca e visitantes que buscan divertirse na natureza. E como non podía ser doutro xeito, e por quinto ano consecutivo, a tempada estreámola coa xa consolidada Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas Interparroquial de Arousa. Unha ruta de senderismo en A Illa de Arousa na cal mantemos outro ano máis o noso concurso fotográfico.

 data-lazy-src=

Por todos é coñecido o fin desta ruta de senderismo en A Illa de Arousa. A de por en coñecemento dos veciños a incansable labor que diariamente realizan dende Cáritas Interparroquial de Arousa no noso entorno. Traballan incansablemente para axudar aos demais, dándolles: alimento; hixiene; asesoramento; terapias; axuda para a inserción laboral e social… Un sen fin de tarefas que fan que a vida destas persoas mellore de maneira significativa.

Non podemos esquecer que son moitos aos que esta entidade axuda diariamente. E non soamente falamos dos indixentes. Tamén é necesario nomear a familias que diariamente reciben alimento nos seus fogares co reparto de comida quente que levan a cabo; drogodependentes que buscan a saída da rúa nas mans dos voluntarios de Cáritas; parados de longa duración; fogares que, por falta de traballo, contan con recursos limitados e/ou que son expulsados dos seus fogares. Poderíamos nomear un sen fin de situación das miles de persoas que ao longo da súa historia, Cáritas Arousa axudou para saír adiante dignamente.

ESTREANDO A APP PIRAGÜILLA

 width=Como comentamos antes, a Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas en A Illa de Arousa é a actividade coa cal sempre estreamos a tempada de eventos. Por ilo, queremos que sexa nela na cal presentemos e inauguremos a nosa aplicación. A través dela, os participantes poderán seguir o itinerario marcado durante a andaina, ademais de ampliar a información sobre os puntos de interese polos que transcorre a ruta de senderismo en A Illa de Arousa. A todo isto sumáselle o feito de que aumentamos a seguridade grazas á xeolocalización e o contacto directo con Piragüilla Ocio e Aventura.

Invitámosvos a todos a participar na posta en marcha da APP de Piragüilla durante a celebración da V Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas. Para ilo, soamente tedes que descargar a aplicación (que esta dispoñible tanto para Android como para Itunes) no voso móbil buscando PIRAGÜILLA en Play Store ou en App Store. O día da actividade se vos proporcionará un código para inserir na bandexa de entrada da aplicación, e así desfrutar das vantaxes que vos proporcionará.

 

 data-lazy-src=

Se desexas participar, e te animas a colaborar con esta iniciativa, a continuación terás toda a información necesaria para poder asistir na andaina solidaria:

  • Data: domingo 18 de marzo.
  • Hora: 10:00 a.m.
  • Lugar: A Illa de Arousa.
  • Punto de encontro: aparcamento de O Bao.
  • Duración: 3 horas aproximadas.
  • Percorrido: Zona Norte de A Illa de Arousa (porto do Cabodeiro; porto do Xufre; Faro de Punta Cabalo; Mirador do Con do Forno; Praia do Bao).
  • Distancia: 14 km aprox. con baixa dificultade.
  • Prezo: 7€ (2€ irán destinados integramente a Cáritas Arousa como donativo e o resto do importe será para cubrir os gastos da actividade: avituallamento; monitores; coche escoba; Seguro de R.C. e Accidentes; gastos de divulgación).
  • Forma de pago: transferencia bancaria (os datos bancarios serán proporcionados aos participantes no momento da inscrición).
  • Inscrición: poderán inscribirse no teléfono 625336323 ou no correo electrónico oficina@piraguilla.com antes do sábado 17 de marzo.

 data-lazy-src=

Como todos os anos, parte do equipo de Cáritas Arousa estará no inicio da ruta de senderismo en A Illa de Arousa para recoller os alimentos donados. Porque, como participante, tamén podes colaborar co banco de alimentos da entidade. Sería de gran axuda para o comedor social que, por moi pequena que sexa, os participantes colaboren traendo calquera alimento, produtos de hixiene e produtos destinados a bebés. A continuación podedes ver unha listaxe dos alimentos máis necesitados polo banco de alimentos Cáritas Arousa:

  • Aceite de xirasol
  • Aceite de oliva
  • Conserva variada
  • Tomate envasado
  • Azucre
  • Café moído
  • Café soluble
  • Cacao
  • Galletas
  • Leite
  • Alimentos frescos
  • Servilletas de papel
  • Produtos de hixiene persoal y do fogar

Pensade que co simple feito de coller un cartón de leite antes de saír da casa e entregalo á entidade, estades conseguindo que unha familia con cativos poida almuerzo.

CONCURSA COA TUA MELLOR FOTOGRAFÍA

Un ano máis, durante a V Andaina Solidaria a beneficio de Cáritas en A Illa de Arousa, celebramos o concurso fotográfico. Nel, os asistentes poderán participar compartindo a súa mellor imaxe sacada durante o evento.

 data-lazy-src=

  • Síguenos en Facebook.
  • Comparte no noso muro a túa mellor fotografía do evento (cedendo a Piragüilla S.C. os dereitos de uso de imaxe).
  • Consegue o maior número de “me gusta” na túa fotografía durante toda a semana (prazo dende o día da celebración ata o domingo 25 a las 20:00 horas).

Premio:

  • 1ª fotografía que consiga máis “me gusta” será premiada cunha ruta en kaiak para 4 persoas ao illote de Areoso cunha duración de 4 horas.
  • 2ª fotografía que consiga máis “me gusta” será premiada cunha ruta en kaiak para 2 persoas ao illote de Areoso cunha duración de 4 horas.
  • 3ª fotografía que consiga máis “me gusta” será premiada cunha ruta en bici para 2 persoas por A Illa de Arousa cunha duración de 4 horas.

Vos esperamos a todos o vindeiro domingo 18 de marzo en A Illa de Arousa.